Secretaría Uvigo - Estudo organizativo do proceso documental do departamento loxístico dunha empresa de compravenda de alimentación internacional.

Estudo organizativo do proceso documental do departamento loxístico dunha empresa de compravenda de alimentación internacional.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: José Antonio Alonso Rodríguez
Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Presidencia: Jesús García Arca
Vogalía: Gema Álvarez Llorente
Secretaría: Iván González Boubeta
ResumoEste traballo realiza un estudo e un análise da forma de traballo, do fluxo da información e do tempo preciso para levar a cabo o proceso da xestión documental que realizaría o departamento de documentación e loxística dunha empresa de compravenda de contedores de alimentación por vía marítima internacional. A través dun diagrama BPMN, establecerase un proceso estándar do fluxo da información entre cliente, empresa e provedor, as tarefas precisas a realizar e a orde das mesmas para a xestión documental dos tres procesos máis diferenciados e habituais da empresa e realizarase o análise da cantidade de traballo e de tempos requirido polas distintas tarefas que se deben realizar ó longo do proceso polo departamento de documentación e loxística e a inclusión das tarefas derivadas e necesarias para coordinar o traballo colectivo e simultáneo que leva un volume de cen contedores ó mes. Despois avaliarase a cantidade de traballadores precisos coas formas de traballo actuais e ofreceranse diversas alternativas, ferramentas e melloras do proceso documental para diminuír a cantidade de horas de traballo, diminuír a posibilidade de erros e optimizar o proceso.
Volver