Secretaría Uvigo - Programación de bootloader para carga de programas en microcontroladores para automoción.

Programación de bootloader para carga de programas en microcontroladores para automoción.

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Alonso Rodríguez
Tribunal Secretaría: Mª Emma Delgado Romero
Presidencia: Manuel Pérez Cota
Vogalía: Amparo Rodríguez Damian
ResumoUnha das actividades mais recurrentes na industria do momento é a programación de microcontroladores e sistemas embebidos para proxectos de todo tipo. Esta tarea consiste na programación dun software de aplicación e a súa posterior carga na memoria do microcontrolador.

Actualmente, para este procedemento de carga utilízanse uns dispositivos hardware chamados programadores, pero poden dificultar a tarea de actualización do software en certas aplicacións e ademais supoñen un custo elevado.

Como solución a este problema xorde este proxecto, no cal se plantea a programación dun bootloader para substituír os programadores. Isto é un software que se encargará de decidir se executar o programa que xa está cargado no microcontrolador ou cargar un novo, e neste último caso, escargarase da comunicación e da transmisión do novo programa a través de diferentes canales de comunicacións.

Por tanto, á hora de instalar un software ou ben actualizar un xa existente, poderá facerse de forma máis cómoda, precindindo do hardware e diminuíndo custos.
Volver