Secretaría Uvigo - Sistema de telexestión de medidores de consumo eléctrico

Sistema de telexestión de medidores de consumo eléctrico

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Juan Sáez López
Tribunal Secretaría: Mª Emma Delgado Romero
Presidencia: Manuel Pérez Cota
Vogalía: Amparo Rodríguez Damian
ResumoO sistema permite monitorizar en tempo real a comunicación cos medidores remotos de consumo eléctrico (contadores) que están agrupados e ligados a distintos Gateway (un por cada centro de transformación). Tamén permite consultar o estado e o histórico do resultado da monitorización a través dunha aplicación desde un teléfono intelixente con sistema operativo Android. O sistema estará formado por dous subsistemas:
1. Subsistema encargado de ler periódicamente dun archivo de texto as direccións IP (neste momento 150) de cada Gateway instalado en cada centro de transformación para verificar cun ping que existe comunicación e rexistrar aqueles equipos con problemas de comunicación. Ademais xogaráo papel de servidor para lograr a comunicación co segundo subsistema. Este subsistema está programado en C++.
2. Subsistema IHM que permite consultar en tempo real o estado das comunicacións e histórico a través dunha aplicación Android. Accede, en forma de cliente, ao servidor remoto onde se almacenanos datos mediante o protocolo de comunicación TCP IP. Este subsistema está programado en Java.
Volver