Secretaría Uvigo - Sistema de visión artificial para captura, procesado e análise de imaxe de cordón de soldadura por deposición de metal fundido

Sistema de visión artificial para captura, procesado e análise de imaxe de cordón de soldadura por deposición de metal fundido

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Tribunal Secretaría: Mª Emma Delgado Romero
Presidencia: Manuel Pérez Cota
Vogalía: Amparo Rodríguez Damian
ResumoO proxecto oriéntase á inspección dun proceso de soldadura por deposición de metal fundido mediante técnicas de visión artificial.
Para iso, abordarase en primeiro lugar a toma de imaxes de vídeo en tempo real mediante unha cámara específica, imaxes correspondentes ó cordón de soldadura que está a realizar a máquina nese momento. A continuación, realizarase un procesado das devanditas imaxes para a caracterización dos elementos relevantes do cordón que faciliten a súa análise e estudo. O procesado e a análise espérase realizar empregando un microcomputador (SBC) e software e librerías ?open? de visión artificial.
Unha vez obtidos os elementos de interese da imaxe, que permiten caracterizar o cordón de soldadura, o sistema poderá cualificar de forma automática a calidade de dito cordón a partir dos criterios especificados polo usuario.
Volver