Secretaría Uvigo - Optimización do deseño dun joystick de seis graos de liberdade con sensores hall

Optimización do deseño dun joystick de seis graos de liberdade con sensores hall

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Secretaría: Antonio Barreiro Blas
Vogalía: Regina Ibáñez Paz
Presidencia: Julio Garrido Campos
ResumoOs joysticks, ou pancas de mando, son un elemento moi común na actualidade, empregándose nunha gran variedade de tarefas. Estas poden ir dende o seu uso máis común en actividades de ocio, en videoxogos e simuladores, pero tamén se poden atopar no ámbito laboral, en multitudes de máquinas, en actividades de investigación e desenvolvemento ou incluso en cadeiras de rodas ou vehículos adaptados para persoas con discapacidade. Ao xuntar nun único dispositivo gran variedade de funcións e graos de liberdade, xunto co seu pequeno tamaño e fácil manexo, permiten un control máis preciso e simple en tarefas que anteriormente podían requirir o manexo simultáneo de múltiples pancas de mando simples.
Neste proxecto realizarase un deseño dun joystick de seis graos de liberdade. A palanca do joystick estará situada sobre unha plataforma de Stewart, que será a encargada de medir a posición exacta na que se atopa o joystick coa axuda de seis sensores hall situados en cada unha das unións primáticas. Durante o proxecto, realizarouse tanto o deseño do propio joystick como o da plataforma de Stewart, o estudo dos ensaios, tanto de forza como de movemento, e a súa impresión e posterior montaxe, comprobando que se cumprían os ensaios realizados anteriormente.
Volver