Secretaría Uvigo - Avaliación da calidade da enerxía eléctrica. Análise comparativa do efecto dos parámetros no comportamento de motores asíncronos trifásicos.

Avaliación da calidade da enerxía eléctrica. Análise comparativa do efecto dos parámetros no comportamento de motores asíncronos trifásicos.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Secretaría: Bernardino Novo Ramos
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Bernardo José Parajo Calvo
Resumo No presente Traballo de Fin de Grado (TFG), preténdese estudar o efecto que ten a mala calidade da enerxía eléctrica nunha das principais cargas que se teñen na industria: os motores asíncronos trifásicos (MAT). Para o que se realiza unha campaña de medidas de perturbación na industria de que se trate, neste caso unha industria de fabricación de automóbiles, na cal unha das cargas máis representativas son os motores asíncronos trifásicos.
Trátase de analizar o comportamento dos MAT ás perturbacións más sobresaíntes, centrándose especialmente, a través da plataforma de Matlab/Simulink, na influencia que teñen os diferentes parámetros no comportamento dos diferentes MAT: de gaiola de esquío, de dobre gaiola de esquío e de rotor bobinado. A análise centrarase na evolución, especialmente no arranque, do par dinámico e a velocidade ademais de nas correntes nas tres fases do estator e do rotor (elementos principais de actuación dos elementos industriais), ante ocos de tensión, cortocircuítos, harmónicos e desequilibrios.
Os resultados e conclusións teñen unha gran importancia para os profesionais e técnicos da industria en xeral, que teñen datos e información de primeira man sobre o que ocorre nas instalacións industriais e en que pode ocorrer. Así poden tomar decisións sobre a avaliación técnico/económica de introducir equipos correctores que minimicen o efecto das perturbación na súa industria e incluso propoñer un mantemento preventivo dos elementos máis críticos do seu proceso produtivo. Esta información ten ademais unha gran relevancia para os fabricantes de MAT, que poden mellorar os mesmos, tanto desde o punto de vista da regulación de velocidade, como do seus propios motores.
Volver