Secretaría Uvigo - Repotenciación Parque Eólico Experimental de Sotavento.

Repotenciación Parque Eólico Experimental de Sotavento.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Secretaría: Bernardino Novo Ramos
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Bernardo José Parajo Calvo
ResumoO Traballo Fin de Grao que se pretende realizar trata acerca do estudo da repotenciación dun parque eólico, neste caso o Parque Eólico Experimental de Sotavento, situado en Xermade, provincia de Lugo. O parque conta actualmente con 24 aeroxeradores de distintos tipos e tamaños e cunha potencia nominal instalada de 17 MW.

Unha vez coñecida a orografía do emprazamento pasarase a estudar o recurso eólico dispoñible. Para isto disporase dos datos da estación meteorolóxica do propio parque, que conta, entre outras, con medidas de velocidade, dirección do vento, densidade ou temperatura a distintas alturas de medida.

O seguinte paso será a elección dos novos aeroxeradores comparando entre os modelos das marcas máis recoñecidas do mercado e escollendo aquel cuxa curva de potencia máis se adapte ó recurso do emprazamento.

Unha vez escollidos os aeroxeradores e sabendo a potencia de cada un deles, deseñarase a nova instalación eléctrica co propósito de manter a mesma subestación.

Por último, estudiarase a viabilidade económica do proxecto así como realizaranse unhas conclusións acerca das vantaxes, no caso de que as teña, da repotenciación dos parques eólicos máis antigos e obsoletos.
Volver