Optimización do proceso de extracción de manoproteínas e novas fontes de obtención
Data de defensa | 15/09/2021 |
Titulación | Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Titoría: Luís Alfonso Rodríguez López Cotitoría: Álvaro Rodríguez Alonso |
Tribunal |
Secretaría: Julia Carballo Rodríguez Vogalía: Elena Falqué López Presidencia: María José Pérez Álvarez |
Resumo | As manoproteínas son glucoproteínas presentes na parede celular das levaduras e están relacionadas coa estabilidade proteica, tartárica e coa cor dos viños ao actuar como coloides protectores, asimismo tamén participan no enriquecemento do viño, na inducción da fermentación maloláctica e na mellora organoléptica ao aportar corpo, estructura e limitar a sensación de astrinxencia. O obxectivo deste estudo é determinar qué especies e cepas de levaduras producen un maior contido en manoproteínas en distintos medios de crecemento e con distintos métodos de extracción. Para iso estudáronse 19 cepas de levadura seleccionadas nun estudo previo das cales se realizou un cribado para seleccionar as dúas mellores cepas e o mellor medio de cultivo das mesmas e finalmente determinar cál é o mellor método de extracción. con iso, determinouse que a cepa de Saccharomyces cerevisiae (Sc94RA) e de Metschnikowia pulcherrima (Mp19RA) son as maiores productoras de manoproteínas no medio de crecemento YED suplementado con manosa e que o método de extracción con betaglucanasa a alta temperatura é o máis eficiente. |