Coñece Arbo en 3D
Data de defensa | 15/09/2021 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Informática |
Centro | Escola Superior de Enxeñaría Informática |
Dirección |
Titoría: Celso Campos Bastos |
Tribunal |
Titoría: Celso Campos Bastos |
Resumo | Neste TFG preténdese crear modelos 3D de diferentes zonas de Arbo para dar a coñecer a vila. Sobre todo nesta época coa Covid é importante pór a disposición da xente alternativas para coñecer e visitar diferentes lugares. O modelado 3D ten diferentes posibilidades, como por exemplo incorporalo con gafas de realidade virtual para facer as visitas o máis realistas posibles. Este uso podería ser interesante para empregar en feiras de turismo e desta forma fomentar este na miña vila. Isto podería levarse a outras vilas para evitar o abandono do rural galego, xa que nesta era tecnolóxica podería ser unha boa forma de darlle valor. O modelado 3D podería incorporarse en páxinas web, programas independentes, vídeos, videoxogos, realidade virtual... Para realizar dito modelado axudareime de fotos dende todos os ángulos posibles, asi como de diferente software entre o que se atopa 3dsMax e Maya. |