Secretaría Uvigo - Tolerancia das comunidades bacterianas a antibióticos de uso humano en solos agrícolas: Cefuroxima, Claritromicina e Azitromicina

Tolerancia das comunidades bacterianas a antibióticos de uso humano en solos agrícolas: Cefuroxima, Claritromicina e Azitromicina

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Manuel Arias Estévez
Cotitoría: Vanesa Santás Miguel
Tribunal Secretaría: Paula Pérez Rodríguez
Vogalía: Olga Escuredo Pérez
Presidencia: David Fernández Calviño
ResumoO obxectivo deste Traballo Fin de Grao é observar os incrementos da tolerancia das comunidades bacterianas do solo a 3 antibióticos de uso humano (Cefuroxima, Claritromicina e Azitromicina). Para levalo a cabo, engadíronse 6 concentracións de antibiótico diferentes (2000, 500, 125, 31,3, 7,8, 0 mg kg-1) a 12 mostras de solo, 6 dedicados ao cultivo de millo e 6 ao de viñedo. Despois de 40 días de incubación avaliouse a tolerancia da comunidade bacteriana do solo a estes 3 antibióticos, seguindo a metodoloxía PICT (tolerancia comunitaria inducida por un contaminante) e usando a técnica de incorporación de leucina marcada con tricio. Os resultados obtidos para cada un dos antibióticos non mostraron unha tendencia clara no incremento da tolerancia para concentracións ≤500 mg kg-1, sen embargo, a concentracións elevadas (2000 mg kg-1) houbo un incremento da tolerancia das comunidades bacterianas os 3 antibióticos estudados. A Azitromicina foi o antibiótico que presentou unha tendencia máis clara e un mellor axuste o modelo loxístico, despois foi a Cefuroxima e por último a Claritromicina. A toxicidade de cada antibiótico varía lixeiramente dependendo do tipo de solo. O estudo da tolerancia funcional das comunidades bacterianas do solo aos antibióticos merece especial atención xa que pode presentar importantes implicacións de risco para a saúde humana, especialmente debido a transmisión da tolerancia a patóxenos humanos.

Volver