Secretaría Uvigo - Impactos dos extremos de temperatura na saúde humana en España: Revisión sistemática

Impactos dos extremos de temperatura na saúde humana en España: Revisión sistemática

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Laura De la Torre Ramos
Cotitoría: Juan Antonio Añel Cabanelas
Tribunal Secretaría: Gonzalo Astray Dopazo
Presidencia: Ramón Gómez Gesteira
Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoAs investigacións actuais indican que o cambio climático aumenta a magnitude e recorrencia de eventos meteorolóxicos extremos, o que afecta dramaticamente á saúde e calidade de vida.

Na presente revisión bibliográfica recóllese a documentación publicada máis relevante acerca das temperaturas extremas, tanto de frío como de calor, e a súa relación coa saúde, durante a última década en España.

Consultáronse bases de datos como Google Scholar, utilizando conxuntamente as opcións de filtrado e as cadeas de procura.

Seleccionáronse aqueles documentos que inclúen extremos de temperatura e variables sanitarias ou de calidade de vida, como ingresos hospitalarios, aumento de afeccións e mortes.

Este tipo de revisións son a base de acción á hora de implementar plans de prevención, de importancia crecente nos últimos anos.
Volver