Secretaría Uvigo - As paralarvas de octopus vulgaris cuvier, 1797, revisión bibliográfica .

As paralarvas de octopus vulgaris cuvier, 1797, revisión bibliográfica .

Data de defensa14/09/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Francisco Javier Rocha Valdes
Tribunal Secretaría: Mariano Lastra Valdor
Vogalía: Estefanía Paredes Rosendo
Presidencia: Luis Lugo Latas
ResumoConseguir estandarizar o ciclo completo do cultivo do polbo é necesario nun país coma España, que é un dos maiores produtores e consumidores de polbo en Europa. Ademais, o cultivo é de vital importancia nas rexións como Galicia, na que as capturas desta especie han ido diminuindo paulatinamente nas últimas décadas. Esta revisión bibliográfica describa as condición de cultivo das paralarvas de Octopus vulgaris Cuvier, 1797, e realiza unha análise dos factores que determinan a supervivencia e crecemento da fase larvaria nesta especie, comparando as diferentes dietas e condicións utilizadas. Os factores máis importantes para mellorar a viabilidade do cultivo larvario son o enriquecemento de Artemia con Rhodomonas lens e Isochysis galbana debido a súa composición en ácidos graxos poliinsaturas (EPA y DHA), sendo este ó alimento principal das paralarvas de polbo na acuicultura. A suplementación destas dietas con zooplancto vivo, aínda que non é factible económicamente, aumenta a taxa de éxito da supervivencia e fai que os individuos sobreviventes completen a etapa larvaria e logren o asentamento como xuvenís. Outros factores, coma a temperatura de incubación dos ovos, son importantes para determinar a viabilidade do cultivo. Ademáis, a temperatura determina a taxa de crecemento das paralarvas e é posiblemente un factor importante na duración da fase larvaria. Finalmente, hai un gran número de factores que apenas se valoran nos traballos revisados, como as características do cultivo, metodoloxías de traballo ou variables ambientáis coma a iluminación. A importancia destos factores no crecemento e supervivencia das paralarvas debe estudarse en profundidade.
Palabras chave: Octopus vulgaris, paralarva, supervivencia, crecimiento, iluminación.
Volver