Secretaría Uvigo - Evolución da estabilidade proteica diana nas terapias contra o VIH-1

Evolución da estabilidade proteica diana nas terapias contra o VIH-1

Data de defensa15/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Xenómica e Xenética
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Miguel Arenas Busto
Tribunal Secretaría: David Posada González
Vogalía: Susana Magadán Mompo
Presidencia: Armando Caballero Rúa
ResumoA proteasa do virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é unha proteína esencial para o proceso de replicación do VIH e é un obxectivo molecular das terapias farmacolóxicas. Ao deseñar unha nova terapia que opera nunha proteína vírica, é importante estudar a evolución desta proteína para comprender a fixación de posibles mutacións de resistencia contra esta terapia. Neste sentido, a evolución das proteínas vese afectada polos procesos de selección sobre a súa función e estabilidade estrutural. Neste traballo estudamos a variación da estabilidade da proteasa do VIH ao longo da súa filoxenia. Para iso, reconstruíuse unha filoxenia da proteasa do VIH, inferíronse secuencias ancestrais da proteasa e avaliouse a estabilidade das secuencias ancestrais e actuais. Os resultados mostran unha tendencia de desestabilización, con flutuacións, da proteasa do VIH ao longo do tempo, que podería deberse á acumulación de mutacións que non afectan significativamente a actividade da proteína.

Palabras clave: proteasa, VIH-1, terapia, evolución molecular
Volver