Secretaría Uvigo - Deseño dun sequeiro para castañas

Deseño dun sequeiro para castañas

Data de defensa27/07/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Luis Rodríguez Pérez
Tribunal Vogalía: Carlos Ulloa Sande
Presidencia: Daniele Tommasini
Secretaría: Jacobo Antonio Troncoso Casares
Resumo Este traballo centrase na construción dun sequeiro de castañas, ca idea de axudar a conservar este produto autóctono e reducir o desperdicio do mesmo. Enfocarase co obxectivo de non contaminar no proceso, dende a recolecta ao consumidor; reducindo os problemas da loxística do transporte(reducindo o peso e o volume), estudiando as posibles enerxía verdes que se adapten o entorno e as condicións de traballo. Comparáranse o consumo enerxético dos tipos de sequeiro que se axeitan ao proceso, e farase un deseño do seleccionado. Tratarase de optimizar o fluxo de aire para homoxeneizar o secado, o aproveitamento máximo da enerxía. Tamén se calculará a escalabilidade máxima do sequeiro.
O proxecto levouse a cabo no seguinte orde: En primeiro lugar introduciuse a idea do proxecto e os obxectivos a cumprir. Despois estudiouse a teoría dos procesos involucrados no proceso de secado; así como os estudios previos sobre o propio secado da castaña; e a lexislación acerca dos espazos nos que se tratan e transforman alimentos. A continuación estimouse e comparouse o gasto enerxético dos dous tipos de sequeiro que se axeitaban máis o caso, tipo moega e bandexa. A partir disto, deseñouse un secadoiro tipo bandexas e optimizouse o fluxo a través do armario de secado. Estudiáronse as cargas estruturais, a máxima escalabilidade e o consumo enerxético segundo as condicións climáticas medias de Galiza, nesa época do ano. Esquematizouse un sistema de control axeitado para o proceso sen chegar a calibralo nin programalo. Finalmente, co consumo enerxético comparáronse as mellores fontes de enerxía para o proceso e o entorno. Con todos estes datos, fixéronse dúas ofertas da construción do sequeiro.
Volver