Secretaría Uvigo - Rendemento do xogo táctico colectivo en baloncesto: aplicación para un equipo de Liga Feminina II en España

Rendemento do xogo táctico colectivo en baloncesto: aplicación para un equipo de Liga Feminina II en España

Data de defensa22/07/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Presidencia: José María Cancela Carral
Vogalía: María José Martínez Patiño
Secretaría: Iván Prieto Lage
ResumoO obxectivo principal deste traballo foi desenvolver e aplicar un método para a análise do xogo táctico colectivo dun equipo semi-profesional de alto rendemento de baloncesto. A mostra estivo composta por 12 partidos disputados polo equipo analizado durante a segunda volta de liga regular da liga Feminina II española na tempada 2020/21. O cadro estaba composta por 13 xogadoras profesionais de baloncesto con idades comprendidas entre os 16 e 29 anos. As variables para analizar obtivéronse a través de análise observacional mediante o software informático Longomatch. Para a recolección de datos, creouse unha folla de cálculo (Folla de Cálculo de Google Drive) e realizouse un tratamento estatístico coa aplicación R Commander. O sistema 1000 foi o máis empregado e eficiente para a consecución de puntos no modelo táctico colectivo do equipo, mostrando unha predominancia do xogo en transición. A obtención e estudo destes datos son de gran axuda para o corpo técnico, tanto na preparación como na planificación estratéxica ofensiva do equipo.

Palabras chave: táctica ofensiva, análise observacional, rendemento, baloncesto feminino
Volver