Secretaría Uvigo - Optimización enerxética dun ximnasio mediante a súa autoprodución e o uso de recursos renovables.

Optimización enerxética dun ximnasio mediante a súa autoprodución e o uso de recursos renovables.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Secretaría: José Ángel López Campos
Vogalía: Noelia Bazarra García
ResumoDía a día desempeñamos unha serie de actividades e tarefas para as cales debemos consumir un tipo de enerxía que, para moitos, pasa completamente desapercibida : as calorías.
Este proxecto baséase nunha nave dirixida á obtención de enerxía a partir das actividades deportivas realizadas polos usuarios (susteinable fitness).
Comézase co estudo dos consumos enerxéticos dunha nave dirixida a actividade física, relativos á súa iluminación e ós diferentes receptores eléctricos dos que consta.
Na seguinte fase plantéxanse as diferentes solucións que se van levar a cabo para producir enerxía mediante o uso da biomecánica contando co apoio de enerxías renovables.
Posteriormente plantexarase un algoritmo para xestionar adecuadamente a enerxía producida. Realizarase un estudo comparativo entre a situación anterior e posterior ao establecemento da solución.
Finalmente, e mediante o análise comparativo dos datos enerxéticos antes e logo da instalación dos diversos sistemas de aproveitamento evaluaremos a solución.
Volver