Secretaría Uvigo - A Xeración Xabarín e a normalización da lingua galega

A Xeración Xabarín e a normalización da lingua galega

Data de defensa21/07/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Tribunal Vogalía: Xosé Soto Andión
Presidencia: Inmaculada Concepción Baez Montero
Secretaría: José María García-Miguel Gallego
ResumoEste traballo pretende poñer de manifesto o papel desempeñado polos medios de comunicación no proceso de normalización da lingua galega e na difusión cultural, máis concretamente a influencia do programa Xabarín Club na etapa infantil e xuvenil.
Para a realización da investigación, elaborouse unha enquisa dirixida á autodenominada ?Xeración Xabarín?, conformada por adultos entre os 20 e os 40 anos que foron consumidores de programación en galego durante a súa infancia e/ou adolescencia. Así mesmo, e co obxectivo de demostrar o impacto positivo do programa na conciencia lingüística do público, tamén foi enquisado o alumnado da ESO de diferentes institutos da zona de Vigo.
Unha vez contrastados e analizados os resultados, evidénciase unha clara diferenza entre os grupos, nomeadamente na utilización da lingua galega e no consumo de medios. Xa que logo, pódese concluír que a mocidade actual ?que non tivo acceso a un contido televisivo de calidade en galego? está máis castelanizada, polo que se fai patente a necesidade de mellora na programación infantil, así coma un aumento da oferta.

Palabras chave: lingua galega, normalización lingüística, medios de comunicación, televisión, Xabarín Club.





Volver