Secretaría Uvigo - Actitudes lingüísticas do alumnado da cidade de Vigo: diferenzas entre centros públicos e privados

Actitudes lingüísticas do alumnado da cidade de Vigo: diferenzas entre centros públicos e privados

Data de defensa21/07/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Tribunal Vogalía: Xosé Soto Andión
Presidencia: Inmaculada Concepción Baez Montero
Secretaría: José María García-Miguel Gallego
ResumoO obxectivo deste traballo é afondar nas actitudes lingüísticas do alumnado de 1º de bacharelato de cinco centros educativos, dous públicos e tres privados, da cidade de Vigo. Para levalo a cabo, fixemos enquisas ao conxunto da poboación, agás nun dos centros nos que eliximos ao azar unha mostra representativa do estudantado dese e elaboramos unha análise destas actitudes tratando de atopar as semellanzas e as diferencias entre os que acoden a unha institución privada ou pública.
Revisamos o concepto de actitude, o caso do galego como lingua minorizada, o decreto de plurilingüsimo, a situación sociolingüística da cidade de Vigo, en tanto que aspectos que poden influír nas diferentes percepcións, prexuízos e actitudes cara o galego.
A partir de diferentes enunciados actitudinais, establecemos as relacións significativas entre as variables independentes de lingua inicial, lingua habitual, perfil do centro, centro e xénero.
As conclusións mostran que o perfil do centro inflúe dun xeito significativo na construción das actitudes lingüísticas, pero non só. Existen factores alleos ós estudados aquí que teñen un peso tamén forte na percepción da lingua galega.

Palabras chave: actitudes lingüísticas, decreto de plurilingüsimo, prexuízos, lingua galega, escola.
Volver