Secretaría Uvigo - Divulgación científica: Teoría e tradución comentada

Divulgación científica: Teoría e tradución comentada

Data de defensa22/07/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Arturo Parada Diéguez
Tribunal Titoría: Arturo Parada Diéguez
ResumoEste traballo consiste na tradución dun artigo de divulgación científica alemán e un comentario da devandita tradución e das dificultades que pode supoñer a un tradutor este tipo de texto na combinación AL-ES. Está dividido en dúas partes principais: en primeiro lugar, fago unha pequena introdución á divulgación científica para pasar a falar dos artigos en concreto, enumero as características propias dun artigo de divulgación científica, logo a súa estrutura e, finalmente, os seus esquemas expositivos. Esta parte termina cun comentario contrastivo entre as diferenzas de redacción de artigos españois e alemáns, que está dividido en: morfosintaxe, léxico (á súa vez dividido en falsos amigos, Komposita, problemas de equivalencias, tradución de siglas e tradución de neoloxismos) e diferenzas interculturais. A segunda parte é a tradución dun artigo de divulgación científica alemán e a confección dun glosario xunto co comentario da devandita tradución, que está dividido en: cuestións de formato, cuestións de redacción e problemas atopados e as miñas solucións.
Volver