Secretaría Uvigo - Promoción turística a través de páxinas web de institucións municipais: análise e proposta de tradución de catro textos turísticos para a páxina web «Turismo Ribadeo»

Promoción turística a través de páxinas web de institucións municipais: análise e proposta de tradución de catro textos turísticos para a páxina web «Turismo Ribadeo»

Data de defensa22/07/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Arturo Parada Diéguez
Tribunal Titoría: Arturo Parada Diéguez
ResumoNo presente traballo realizamos unha proposta de tradución do galego ao francés de catro textos turísticos para a páxina web oficial do Concello de Ribadeo. Este traballo divídese en dúas partes: primeiro, trataremos a importancia da promoción turística a través de páxinas web en España, cal é o papel do mediador lingüístico para a tradución de textos turísticos e cal é a tipoloxía textual no ámbito turístico, concretamente, das páxinas web; e segundo, presentaremos un encargo de tradución ficticio no que realizaremos unha análise pretraslativa dos textos orixinais e unha análise traductolóxica segundo Christiane Nord (2012). Por último, preséntanse as conclusións e os resultados obtidos.

Palabras clave: Tradución do galego ao francés, páxina web, Concello de Ribadeo, promoción turística.
Volver