Secretaría Uvigo - Tradución comentada do artigo «Seeds of Dementia» publicado na revista de divulgación científica Scientific American

Tradución comentada do artigo «Seeds of Dementia» publicado na revista de divulgación científica Scientific American

Data de defensa22/07/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Carlos Garrido Rodríguez
Tribunal Titoría: Carlos Garrido Rodríguez
ResumoO presente traballo de fin de grao ten como finalidade a produción dunha tradución técnico-científica en galego dun texto redixido orixinalmente en inglés. Para iso, en primeiro lugar realizamos a tradución dun artigo que trata do mecanismo patoxénico que subxace a doenzas neurodexenerativas como a demencia de Alzheimer, a doenza de Parkinson e outras enfermidades mortais. Unha vez traducido o artigo, procedemos a comentar as incidencias máis relevantes que nos deparou a tradución, para poder xustificar e elucidar a nosa tradución. Con isto, pretendemos destacar a importancia da tradución como ferramenta que consolida o uso do galego no ámbito técnico-científico.
Volver