Secretaría Uvigo - A localización ao español do videoxogo Assassin?s Creed Origins: Discovery Tour

A localización ao español do videoxogo Assassin?s Creed Origins: Discovery Tour

Data de defensa21/07/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Joan Miquel Verges
Tribunal Titoría: Joan Miquel Verges
ResumoResumo
O presente traballo céntrase na localización do inglés ao español do videoxogo Assassin?s Creed Origins, concretamente, na modalidade educativa denominada Discovery Tour (Modo Descubrimento). Para isto, escolléronse textos extraídos das rutas presentadas neste modo de xogo para a súa análise co fin de comprobar a súa correspondencia coa realidade e cumprimento dos seus obxectivos como tradución. Primeiro, realizaremos unha introdución sobre a historia da localización de videoxogos e expoñeremos os obxectivos do presente traballo. Por último, contextualizarase a saga, describiranse os modelos e autores que se van seguir para esta análise e comentarase a elección dos textos. Nesta análise, estudaranse as estratexias de tradución empregadas, así como a adecuación dos textos nos ámbitos educativos e compararanse con textos xa existentes sobre o tema.
Palabras chave: localización, tradución, videoxogos, Assassin?s Creed
Volver