Secretaría Uvigo - Influencia da Ansiedade no Diseño de Espazos de Aprendizaxe a través de Mundos Virtuais

Influencia da Ansiedade no Diseño de Espazos de Aprendizaxe a través de Mundos Virtuais

Data de defensa21/07/2021
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Sabela Melchor Couto
Tribunal Titoría: Sabela Melchor Couto
ResumoNas últimas décadas xurdiron múltiples e diversas teorías demandando un cambio de paradigma dende modelos de ensinanza tradicionais cara a un achegamento que sitúe aos aprendentes no centro. Ademais, estas teorías salientan a importancia da participación activa dos aprendentes na construción do seu propio coñecemento e o valor de entender como as variables afectivas inflúen no proceso de aprendizaxe. Especificamente, revisarase a influencia da ansiedade no contexto de aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Así mesmo, logo que os aprendentes necesitan ter a posibilidade de (co)crear o seu propio espazo de aprendizaxe seguro coa colaboración dos educadores, ambos poden beneficiarse do desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas como os mundos virtuais. Analizaranse tamén estudos relacionados coa emerxencia da ansiedade e o seu comportamento neste tipo de entornos co fin de comprobar se estes mundos virtuais poden considerarse como espazos de aprendizaxe seguros.
Volver