Secretaría Uvigo - Deseño de novos disolventes biocompatibles para a extracción de antioxidantes

Deseño de novos disolventes biocompatibles para a extracción de antioxidantes

Data de defensa14/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Ana María Rodríguez Rodríguez
Titoría: Francisco Javier Deive Herva
Tribunal Secretaría: Ramón Nóvoa Rodríguez
Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Vogalía: José Manuel Cruz Freire
ResumoO obxectivo do traballo é desenvolver novos compostos biocompatibles para procesos de extracción, no noso caso específico a extracción de antioxidantes en microalgas, o proceso de extracción levarase a cabo empregando líquidos iónicos a base de colina como catión e un aminoácido como anión (glicina, o seu dipéptido e tripéptido).
Verificaremos o efecto lítico que estes líquidos iónicos teñen sobre as microalgas e logo empregaranse sistemas acuosos bifásicos (ABS ou ATPS) para separar e extraer as distintas fases e extraer así os antioxidantes contidos dentro das células.
Volver