Secretaría Uvigo - Implantación da Metodoloxía 5?S nunha empresa do sector automoción.

Implantación da Metodoloxía 5?S nunha empresa do sector automoción.

Data de defensa21/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: Santos Pérez Pereira
Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoNos últimos anos, o gran cambio de mentalidade do mundo industrial puxo de
manifesto a necesidade de implementar novas metodoloxías que axuden a mellora e
xestión dos procesos. Neste contexto a Metodoloxía 5?S experimentou unha gran auxe,
como consecuencia do baixo coste que implica a súa posta en marcha.

O presente proxecto trata da implantación da metodoloxía 5?S nunha empresa do
sector automoción. Recolleuse información sobre a metodoloxía e a empresa protagonista
deste documento. Ademais, detalláronse tódalas fases e tarefas levadas a cabo para
conseguir a implantación e lograr efectividade co novo método de traballo.

En primeiro lugar, leváronse a cabo una serie de tarefas previas a aplicación das
cinco etapas que conforman a metodoloxía e as cales son necesarias para conseguir o
éxito no proceso de implantación. Seleccionáronse as áreas de mellora dentro da
organización e definiuse o ?posto piloto?. Analizouse a situación de partida en cada unha
das diferentes áreas de mellora mediante a elaboración dunha auditoría interna co
obxectivo de coñecer de primeira man as oportunidades de mellora. Realizouse unha
formación dirixida aos integrantes da organización coa finalidade de facelos partícipes na
implantación do novo método e levouse a cabo a definición da figura de dinamizador de
posto.

En segundo lugar, una vez realizadas as tarefas previas e identificadas as áreas de
mellora, aplicáronse con detalle as cinco etapas que conforman a Metodoloxía 5?S. Por
un lado, explicouse cal foi a dinámica, as tarefas levadas a cabo e os recursos necesarios
en cada una das etapas. Por outro lado, explicáronse as melloras e acción realizadas para
cada etapa en cada una das diferentes estacións de traballo.

Finalmente, una vez superadas as diferentes etapas que conforman a Metodoloxía
5?S, expuxéronse os resultados obtidos a raíz da comparación da situación inicial e final,
que foi acompañada e verificada cunha auditoría final.
Volver