Secretaría Uvigo - Mellora no proceso de aprovisionamento de material indirecto, mediante o rediseño do sistema de información, nunha empresa do sector da automoción.

Mellora no proceso de aprovisionamento de material indirecto, mediante o rediseño do sistema de información, nunha empresa do sector da automoción.

Data de defensa21/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Tribunal Secretaría: Santos Pérez Pereira
Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
ResumoO departamento de Compras ve a necesidade de mellorar o proceso de aprovisionamento para estimar de xeito máis eficiente o suministro de material indirecto en función da demanda dos clientes para reducir o stock no almacén. Evitaríanse as paradas de produción por falta de utillaxes ou ferramentas e de espazo obsoleto e improdutivo. Ademais, isto permitiría cumprir a filosofía JIT nas distintas áreas dos departamentos de produción, montaxe e mantemento da planta.
Para iso atopamos varias dificultades que hai que resolver para obter datos fiables, unificados, actualizados e facilmente manexables para estimar o consumo:
1. A falta de información, conexión e linguaxe común entre áreas e departamentos, o que imposibilita a conexión dos datos.
2. A existencia de varias ferramentas informáticas individuais que non permiten a extracción de datos doada, adaptadas a cada área.
3. Referencias de Material Indirecto (utillaxes e ferramentas) non ligadas a pezas finais ou máquinas, sendo imposible estimar o consumo no caso dun aumento na demanda dos clientes, coñecendo referencias xa obsoletas que aínda se están a subministrar ou o número medio de pezas finais fabricadas por cada referencia por célula.
O primeiro obxectivo claro é a estandarización para que todos os técnicos traballen coas mesmas ferramentas informáticas, habendo unha conexión e unha linguaxe común.
Como consecuencia do anterior, é necesario crear unha base de datos conectada ao mesmo tempo con Prisma (software de mantemento que conten información sobre pezas finais fabricadas, máquinas existentes, celulas...) e Captor (software de captura de datos que conten datos sobre de avarías, cambios de ferramentas ...) que permite traballar a todos os técnicos, posibilitando as distintas funcionalidades que cada un demanda para que poidan estar actualizados, acadando os obxectivos mencionados e conectando os datos de todos os departamentos e áreas, dende Loxística (demandas do cliente) a Compras (aprovisionamento de utillaxes e ferramentas para máquinas) pasando por produción (avarías, cambios de ferramentas, pezas fabricadas ...).
Volver