Secretaría Uvigo - Plataforma Big data para o almacenamento de fluxos de información marítima

Plataforma Big data para o almacenamento de fluxos de información marítima

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Norberto Fernández García
Tribunal Presidencia: Paula Gómez Pérez
Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoResumo - Actualmente, é obrigatorio que gran parte das embarcacións utilicen o Sistema de Identificación Automática (AIS). Este sistema emite cada certo tempo unha serie de eventos con información relevante do barco, como a identidade, a posición, o rumbo ou a velocidade, para dalos a coñecer a outros barcos ou estacións en terra. Os sistemas de vixilancia e control do tráfico marítimo analizan o fluxo continuo de eventos das radiobalizas AIS, instaladas nas embarcacións comerciais e/ou de recreo, para detectar anomalías na mar. Debido ao volume de datos, faise necesario o uso de ferramentas Big data para almacenar a información e permitir a súa consulta e análise.

Neste proxecto realízase un estudo e comparación dalgunhas das ferramentas Big data existentes. Tras iso, selecciónase Elasticsearch polas súas características favorables neste contexto, e desenvólvese o proceso de instalación e configuración. Ademais, próbanse as funcionalidades máis útiles para poder realizar consultas de potencial interese. Finalmente, avalíase empíricamente o funcionamento da ferramenta con datos reais extraídos a partir de 5 millóns de tramas AIS proporcionadas polo Centro de Operacións e Vixilancia de Acción Marítima (COVAM), para obter resultados do tempo de execución das consultas e estudar a viabilidade da ferramenta neste eido.
Palabras chave ? Big Data, AIS, Elasticsearch, Consultas, Ferramentas.
Volver