Secretaría Uvigo - Análise e documentación dos requirimentos funcionais e estruturais para o desarrollo dunha aplicación da xestión académica do Centro Universitario da Defensa (CUD)

Análise e documentación dos requirimentos funcionais e estruturais para o desarrollo dunha aplicación da xestión académica do Centro Universitario da Defensa (CUD)

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Santiago Rafael Urréjola Madriñán
Titoría: José Antonio González Prieto
Tribunal Presidencia: Norberto Fernández García
Vogalía: Gonzalo Castiñeira Veiga
Secretaría: José Pablo González Coma
ResumoEste traballo propón a arquitectura e funcións, mediante Unifyed Modeling Language ou UML, dunha aplicación para a xestión académica do CUD. Se ben durante a análises previa á xestión actual na ENM chegouse á conclusión de que debe abarcar non só ao CUD senón a todas as actividades, xa que todas as actividades que se desenvolven na ENM forman parte do currículo para ser Oficial da Armada e coexisten no mesmo horario.

Tras expoñer los obxectivos de este traballo introdúcese a linguaxe de UML, explicándose o seus tipos de diagramas e o seu uso. Grazas a que UML é unha linguaxe estandarizada, proponse a continuación unha norma á hora de modelar unha aplicación para a escola, para que sexa escalable o desenvolvemento de novas funcións integrables sobre a proposta deste traballo.

Tras analizar a xestión actual da ENM e as súas necesidades académicas respecto ao horario continúase cun modelado en UML das necesidades estruturais e funcionais para a posterior programación orientada a obxectos que se desenvolva no futuro dita aplicación.


Análise, Evento, UML, Horario, Aplicación
Volver