Secretaría Uvigo - Demostrador para a detección de brancos marítimos mediante técnicas de radar pasivo.

Demostrador para a detección de brancos marítimos mediante técnicas de radar pasivo.

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: José María Núñez Ortuño
Tribunal Presidencia: Norberto Fernández García
Vogalía: Gonzalo Castiñeira Veiga
Secretaría: José Pablo González Coma
ResumoO radar pasivo é unha tecnoloxía que se empezou a desenvolver a partir de 1935, caendo en desuso ata finais do século XX. Desde hai uns anos converteuse nunha tecnoloxía en pleno auxe, capaz de competir con outros sistemas radar a un custo moi inferior e con prestacións similares.
O funcionamento básico destes sistemas radica no uso de transmisores de oportunidade ( IO) alleos ao propio sistema radar, que permiten a detección de brancos sen que o sistema sexa detectado. Isto dá lugar a que sexa un sistema moi interesante para o ámbito militar converténdoo nunha tecnoloxía ? stealth? moi atractiva.
O obxectivo deste traballo é implementar un sistema de radar pasivo para experimentación, usando como IO as antenas de televisión dixital terrestre distribuídas na contorna da Ría de Pontevedra. O sistema desenvolvido emprega elementos COTS ( Commercial Off The Shelf) dando lugar a un sistema de baixo custo. O software de procesado desenvolvido permite a detección de brancos con estimación da súa distancia e a súa velocidade, e foi programado en MATLAB. Ademais, implementáronse outras ferramentas auxiliares, como un xerador de sinal sintético que permite simular o comportamento de varios brancos, e outra, que facilita a análise dos escenarios radar.
Volver