Secretaría Uvigo - Deseño e implementación dunha aplicación web para a xestión de ficheiros de impresión 3D de repostos da Armada

Deseño e implementación dunha aplicación web para a xestión de ficheiros de impresión 3D de repostos da Armada

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Ana Belén Barragáns Martínez
Cotitoría: Pablo Sendín Raña
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Vogalía: Gerardo González-Cela Echevarría
ResumoA transformación cara á Armada 4.0 require a dixitalización e un uso intensivo das novas tecnoloxías. Unha proba desta transformación é a incorporación da fabricación aditiva na construción das novas unidades da Armada. Varias unidades contarán con impresoras 3D para axilizar a obtención de repostos e mellorar a capacidade de abastecemento.
Faise visible a necesidade de compartir ficheiros de impresión 3D de repostos entre diferentes unidades. En consecuencia, este TFG propón o deseño e desenvolvemento dunha aplicación web que xestione un repositorio de ficheiros de impresión 3D. Para deseñar a aplicación realizouse unha revisión dos repositorios en liña existentes e estudouse o sistema de aprovisionamento da Armada.
A aplicación desenvolvida permite compartir, descargar e xestionar os ficheiros en liña. Desta forma, se un usuario necesitase un deseño para imprimir un reposto, pode facelo, independentemente de se se atopa despregado ou no seu Arsenal de orixe, permitindo aforrar tempo e esforzo.
Todas as funcionalidades da aplicación foron validadas con éxito, servindo dita proba como manual da aplicación.

Palabras clave: Reposto, Impresión 3D, Laravel, MVC, Aplicación web.
Volver