Secretaría Uvigo - Simulación e actuación sobre unha instalación solar térmica experimental con tecnoloxía de tubos de baleiro

Simulación e actuación sobre unha instalación solar térmica experimental con tecnoloxía de tubos de baleiro

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Antón Cacabelos Reyes
Cotitoría: Araceli Regueiro Pereira
Tribunal Presidencia: Andrés Suárez García
Secretaría: María del Rocío Maceiras Castro
Vogalía: Jesús del Val García
ResumoCo paso do tempo o investimento en métodos e técnicas para obter enerxía renovable foi aumentando. Hai moitos métodos que poden ser utilizados na obtención de enerxía renovable para unha mesma fonte. Neste TFG apostouse pola tecnoloxía de tubos de baleiro que é un método cuxa finalidade é aproveitar a enerxía procedente do Sol.

O obxectivo principal deste TFG é simular o comportamento dun colector solar coa tecnoloxía de tubos de baleiro nun programa térmico. Para levar a cabo este obxectivo utilizouse o programa TRNSYS, programa no que se introduciu o arquivo meteorolóxico de Pontevedra, as características dos distintos compoñentes que interveñen na simulación e a posibilidade de que os colectores solares poidan actuar en serie ou en paralelo.

Unha vez introducidos os parámetros, levouse a cabo un estudo dos rendementos dos colectores para cada distribución variando temperaturas de consigna e caudais en distintos meses do ano. Pódese afirmar que a temperatura de saída na distribución en serie é sempre maior que a obtida na distribución paralelo e que o rendemento dos colectores é maior nos meses de verán.

Palabras clave: Enerxía renovable, colector solar, tubos de baleiro, serie/paralelo, simulación térmica e rendemento.
Volver