Secretaría Uvigo - Avaliación de alternativas tecnolóxicas e deseño preliminar dun sistema de depuración de augas residuais para buques

Avaliación de alternativas tecnolóxicas e deseño preliminar dun sistema de depuración de augas residuais para buques

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Lorena González Gil
Tribunal Vogalía: Jorge Feijoo Conde
Secretaría: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Presidencia: María del Rocío Maceiras Castro
ResumoA posibilidade de que España se postule como referente do desenvolvemento sostible ante a comunidade internacional, unido ás limitacións que presentan os sistemas de depuración de augas residuais a bordo de buques en contraposición coas instalacións terrestres, constitúe a principal fonte de motivación deste traballo. Nel, preténdese realizar unha avaliación das tecnoloxías de depuración aplicables en buques, para posteriormente deseñar, de maneira preliminar, unha planta específica que permita mellorar a calidade das augas emitidas. Para conseguilo, estudouse o marco legal que engloba as verteduras de augas residuais no mar, e avaliáronse múltiples sistemas de tratamento en base a criterios ambientais, técnicos e económicos. Ademais, analizáronse as plantas de depuración instaladas nalgúns buques da Armada Española, o que permitiu propoñer a substitución da planta físico-química da fragata F-103 por un biorreactor de membrana. Este configurouse co proceso anaerobio-anóxico- aerobio e con membranas de folla plana mergulladas, o que posibilita unha elevada depuración e contribúe á preservación do medio mariño por parte das institucións españolas.

Augas Residuais, Biorreactor, Buque, Depuración, Sistema de Tratamento.
Volver