Secretaría Uvigo - Proposta de remodelación do campo de fútbol da Escola Naval Militar

Proposta de remodelación do campo de fútbol da Escola Naval Militar

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Arturo González Gil
Cotitoría: Pablo Falcón Oubiña
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Secretaría: Antón Cacabelos Reyes
Vogalía: Xavier Núñez Nieto
ResumoA Escola Naval Militar, como centro de formación de Oficiais da Armada, da resposta á importancia do deporte para as Forzas Armadas incorporando numerosas instalacións deportivas dentro do seu recinto. Unha de las, é o campo de fútbol Roger de Lauria, remodelado no ano 2009 pola Diputación Provincial de Pontevedra, co obxectivo de fomentar a práctica deste deporte dentro da ENM.
Neste proxecto analízase o estado actual de conservación das instalacións. Realízanse enquisas aos usuarios para coñecer a súa opinión ao respecto. Tense en conta a normativa actual da Real Federación Española de Fútbol sobre campos de fútbol, e a normativa de cálculo estructural. Tras iso, o resultado é a proposta dun campo con dimensións regramentarias, céspede artificial, rede de drenaxe subterránea e unha cuberta tipo marquesina no graderío. Por último, realízase un estudo económico do proxecto a partir da información proporcionada por empresas do sector.
En definitiva,o que se pretende conseguir con este proxecto, é realizar unha análise pormenorizada do estado actual das instalacións e presentar unha proposta de remodelación, coa finalidade de que a ENM o teña en conta para mellorar as instalacións si así o estima oportuno.
Palabras clave:
Remodelación, Céspede artificial, Deseño estrutural, Seguridade, Escola Naval Militar
Volver