Secretaría Uvigo - Implementación e probas dun sistema de cancelación de ecos SOAR

Implementación e probas dun sistema de cancelación de ecos SOAR

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Alfonso Rodríguez Molares
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Vogalía: Gerardo González-Cela Echevarría
ResumoDada a clara superioridade dun submarino respecto a un buque de superficie e a súa escaseza de capacidades defensivas fronte a esta ameaza, este traballo pretende aumentar a discreción acústica como medida defensiva.
Neste proxecto pretendemos implementar e probar un sistema capaz de cancelar o eco reflectido dun SOAR activo para reducir a nosa forza de reflexión acústica e, por tanto, a distancia máxima de detección do inimigo. Para poder desenvolver este sistema, empezamos introducindo a arma submarina na estado da arte, os sensores e armas actuais e como funcionan. A continuación, presentamos os materiais e software antes de explicar os experimentos, os cales tiveron lugar tanto en aire como en auga para estudar a viabilidade do noso sistema. Para os experimentos utilizamos diferentes códigos de Python, que foron programados por nós, e distribuíndo os materiais de forma adecuada puidemos transmitir a reflexión do eco e a onda canceladora. Os resultados foron obtidos achando a redución nas perdas de transmisión respecto do eco orixinal (sen cancelar).
Os resultados foron analizados e estudados para obter as conclusións finais, nas que explicamos os resultados e confirmamos a viabilidade do sistema. Para finalizar, introducimos as posibles liñas futuras para ter unha visión clara do amplo abanico de posibilidades que hai.
Volver