Secretaría Uvigo - Deseño mecánico dun travelift para as lanchas de instrucción

Deseño mecánico dun travelift para as lanchas de instrucción

Data de defensa22/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Carlos Casqueiro Placer
Tribunal Presidencia: Arturo González Gil
Secretaría: Iván Puente Luna
Vogalía: Carlos Pérez Collazo
ResumoO presente proxecto ten por finalidade a elaboración dunha proposta de deseño mecánico dun travelift para as lanchas de instrución que se atopan situadas na Escola Naval Militar. Desta forma, contando cun sistema de varada para as lanchas de instrución como o proposto lograrase dar capacidade á Escola Naval Militar de sacar da auga as súas propias lanchas de instrución para así poder realizar os mantementos requiridos ou as reparacións que sexan necesarias. Para a realización do presente proxecto realizarase o cálculo, modelado, deseño e verificación da estrutura dun travelift para unha lancha de instrución, polo que se realizarán os cálculos necesarios para determinar as características básicas do travelift (dimensións, potencia necesaria, lonxitude das eslingas,etc.) cumprindo en todo momento coa normativa aplicable en vigor. Despois de definir as características básicas e os esforzos aos que estará sometido a estrutura, realizarase o seu deseño usando un software de modelado de 3D. Posteriormente levará a cabo o estudo de esforzos da estrutura mediante a análise por elementos finitos.
Volver