Secretaría Uvigo - A importancia dos servizos de tradución nas empresas da economía global.

A importancia dos servizos de tradución nas empresas da economía global.

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Pablo de Carlos Villamarín
Tribunal Vogalía: María Isabel Del Pozo Triviño
Presidencia: Anxo Fernández Ocampo
Secretaría: Xoán Manuel Montero Domínguez
ResumoNa actualidade, as empresas operan nunha economía global na que a competitividade vese aumentada de forma acelerada. Para adaptarse a este contexto, estas organizacións adoptan estratexias, como a internacionalización ou a externalización de actividades, que incrementan as súas necesidades de tradución e afectan á maneira en que as cobren. O presente traballo trata de profundar nestas dúas vertentes dos servizos de tradución solicitando, perante a técnica cualitativa da entrevista en profundidade, a opinión de empresas e tradutores, tanto internos como externos. Entre os resultados obtidos destacan a cobertura das necesidades de tradución perante sistemas mixtos, a carencia formativa en materia de tradución de persoal tradutor e a disparidade de opinións entre empresas e tradutores respecto da importancia outorgada á cobertura das necesidades de tradución.
Volver