Secretaría Uvigo - As condutas aditivas e o uso de internet no alumnado de educación primaria. Formación ás familias para paliar os riscos e perigos na rede.

As condutas aditivas e o uso de internet no alumnado de educación primaria. Formación ás familias para paliar os riscos e perigos na rede.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria (Curso Ponte)-Mestre/a, especialidade en Educación Infantil
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Manuela Raposo Rivas
Tribunal Titoría: Manuela Raposo Rivas
ResumoA poboación infantil conta con cada vez máis recursos e ferramentas con acceso a internet. O uso destes dispositivos de xeito cotiá preocupa ás familias, as cales ven que as habilidades e a competencia dixital dos rapaces aumenta mentres que eles mesmos se quedan atrás, aparecendo a denominada fenda dixital. Así nesta investigación realízase unha entrevista a dez familias pontevedresas con fillos/as matriculados en 4º,5º e 6º de educación primaria, co obxectivo de coñecer cales son as ameazas e perigos que ven no uso de internet por parte dos nenos/as.
Froito desta análise obtense como resultado que máis da metade deles ve como un risco a posibilidade de que os nenos/as se enganchen a internet e as diferentes redes sociais, desenvolvendo a chamada conduta aditiva. Co gallo de contribuír a mellorar os coñecementos das familias sobre as condutas aditivas elabórase, dentro do estudio, material formativo que lles permita coñecer cales son os factores de risco e protección que inflúen no desenvolvemento ou non da conduta aditiva e como os diferentes estilos educativos que apliquen dentro do seo familiar pode predispoñer a que os rapaces adoiten determinadas actitudes no uso de internet, os xogos, os móbiles.
Palabras chave: condutas aditivas, competencia dixital, formación familiar, factores de risco e protección.
Volver