Secretaría Uvigo - Deseño e simulación fluidodinámica dun hydrofoil para windsurf

Deseño e simulación fluidodinámica dun hydrofoil para windsurf

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Presidencia: María Concepción Paz Penín
Secretaría: Abraham Segade Robleda
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoOs hydrofoils son aparellos somerxidos e unidos a unha embarcación que xeran forza de sustentación debido a súa interacción coa auga. Estes poden aportar diversos beneficios á navegación como o aumento da velocidade máxima, o aforro de combustible ou a navegación en condiciones desfavorables. Aínda que a súa invención data de principios do século XX, seu uso incrementouse ao longo da última década motivado polas melloras técnicas e a redución dos custos de produción.
Neste proxecto realizase o deseño dun hydrofoil enfocado o seu uso acoplado a unha táboa de windsurf. A metodoloxía de deseño comeza pola busca de produtos xa comercializados con características e aplicacións similares e finaliza, trala identificación das diferentes partes funcionais, co deseño mediante o programa Solidworks.
Tralo modelado realízanse diversos análises mediante simulación CFD (Dinámica de Fluídos Computacional) utilizando o módulo Fluent de Ansys. Estas simulacións permiten estudiar a interacción fluído-sólido das diferentes partes e avaliar a resposta do hydrofoil ante diversas condicións de funcionamento.
A partir das conclusións extraídas ao final do proxecto, propóñense liñas futuras de traballo que recollen os pasos a seguir ata a fabricación dun primeiro prototipo.
Volver