Secretaría Uvigo - Deseño de cabezal multifunción para o cortado, flameado e paletizado de pezas de granito

Deseño de cabezal multifunción para o cortado, flameado e paletizado de pezas de granito

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Tribunal Secretaría: Paulino Alegre Fidalgo
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoA proposta de deseño deste cabezal aparece coa colaboración con Nodosafer, empresa especializada no deseño e fabricación de maquinaria e equipos para o sector da transformación e mecanizado de pedra natural. Mediante o presente traballo búscase unha optimización dos tempos de ciclo e unha redución do espazo ocupado na planta grazas á implantación dun cabezal multifunción.
Este cabezal multifunción, unido a un brazo mecánico, permite a realización das operacións de fresado, flamexado e paletizado de bloques de pedra natural ou granito. Operacións que, ata o momento, eran realizadas por mais dunha máquina. Redúcese así o número de máquinas necesarias para o desenvolvemento dos procesos.
O deseño do cabezal estará acompañado pola disposición na cela de traballo de todos os elementos necesarios para a realización das operacións, dando conta do espazo necesario para a implantación do conxunto na planta de traballo. Analízase tamén a secuencia de operacións óptima para un correcto desenvolvemento do proceso.
Para o modelado de todas e cada unha das pezas que compoñen o cabezal, empréganse o programa de deseño CAM, SolidWorks 2018, o cal facilita en gran medida as posibilidades de deseño, permitindo considerar comodamente distintas opcións para a máquina. E o programa AutoCAD 2018 é utilizado para o deseño asistido á hora do debuxo en 2D.
Volver