Secretaría Uvigo - Deseño e mecanizado de eléctrodos mediante impresión 3D para o desenrolo dunha cela electroquímica.

Deseño e mecanizado de eléctrodos mediante impresión 3D para o desenrolo dunha cela electroquímica.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Emilio Rosales Villanueva
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
Vogalía: Ana María Rodríguez Rodríguez
ResumoAs augas residuais da industria téxtil son consideradas das máis contaminantes dos sectores industriais. A principal fonte de emisións ao medio ambiente por parte desta industria débese á incorporación incompleta das tinturas ás fibras téxtiles mediante un proceso de tinción acuosa e asúmese que a perda das tinturas durante o proceso de tinguido é do 15% incorporándose aos ambientes acuáticos.
O principal problema engadido aos efluentes téxtiles é o seu elevado contido en tinturas xenobióticas, polo que non son degradados pola gran maioría dos organismos presentes no medio natural, xerando un grave problema ambiental que require da posta en marcha de técnicas eficaces con obxecto de facilitar a depuración e rexeneración das augas. Entre as distintas alternativas, os procesos electroquímicos de oxidación avanzada e en especial o tratamento electro Fenton presenta un gran potencial debido á súa capacidade de xeración de radicais hidroxilos os cales posúen un gran poder oxidante para a degradación de diversos compostos orgánicos incluíndo tinturas, pesticidas, etc.
Para unha aplicación máis efectiva deste tratamento requírese o desenvolvemento de novas celas electroquímicas con eléctrodos eficientes e deseñados a medida con obxecto de optimizar ao máximo a produción do radical hidroxilo e con iso mellorar a capacidade de tratamento da técnica.
Volver