Secretaría Uvigo - Ecodeseño e simulación dunha planta de produción de lacasa a partir de residuos lignocelulósicos.

Ecodeseño e simulación dunha planta de produción de lacasa a partir de residuos lignocelulósicos.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Marta María Pazos Currás
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
Vogalía: Ana María Rodríguez Rodríguez
ResumoO uso de enzimas no ámbito industrial é unha alternativa que presenta múltiples vantaxes en comparación con outros procesos realizados tipicamente mediante reaccións químicas. Algunhas das máis destacadas son o seu menor impacto ambiental e consumo de recursos, aspectos de crecente importancia no sector industrial.
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) centrarase no deseño dunha planta industrial de produción dun tipo de enzima oxidativa denominada lacasa. A súa capacidade de oxidar unha ampla variedade de substratos caracterízaa coma unha enzima moi versátil e polo tanto con múltiples aplicacións en diferentes sectores industriais, destacando a industria papeleira, alimentaria, téxtil, e en procesos de biorremediación.
Estudiarase o proceso de produción de lacasa onde como substrato de partida se optará por residuos de material lignocelulósico, pois é o soporte máis adecuado para a produción de dita enzima mediante fermentación co fungo Pleurotus eryngii. Ademais optarase polo uso de residuos procedentes de industrias de proximidade, analizando cal é o máis adecuado, para así obter beneficios económicos e ambientais. O proxecto estará enfocado cara o ecodeseño, é dicir, consideraranse os impactos ambientais nas etapas de deseño e desenrolo do produto para lograr o menor impacto ambiental posíbel ao largo do seu ciclo de vida.
A continuación realizarase un escalado do proceso e posterior deseño dunha planta industrial para a produción de lacasa. Tamén se realizará a simulación do mesmo mediante o programa SuperPro Designer, o que aportará a posible viabilidade deste proxecto.
Volver