Secretaría Uvigo - Selección dun biocatalizador extremofílico, optimización e escalado da súa produción.

Selección dun biocatalizador extremofílico, optimización e escalado da súa produción.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Asunción Longo González
Cotitoría: Francisco Javier Deive Herva
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
Vogalía: Ana María Rodríguez Rodríguez
ResumoA industria da biotecnoloxía foi optimizando os seus procesos nos últimos anos, de xeito que reduce o seu impacto ambiental e consegue manter ou mellorar a súa produción. Isto débese ao aumento da investigación no campo dos biocatalizadores. Entre os biocatalizadores destacan as enzimas, xa que teñen unha gran variedade de aplicacións (xa que son moi específicas), o que lles permite substituír os catalizadores convencionais.
As lipasas son un tipo de biocatalizador enzimático que teñen aplicacións moi variadas na industria de procesos. Neste proxecto de fin de grao levarase a cabo un estudo de diferentes artigos de investigación nos que se presentan datos sobre produción enzimática e produción de biomasa. Os datos destes artigos compararanse cos de tres modelos diferentes. Unha vez obtido o artigo cuxos datos mellor se adapten aos modelos propostos, realizarase unha simulación dun proceso industrial no que se empregan tanto o microorganismo como o medio de cultivo do artigo seleccionado, así como un estudo para determinar a situación da planta, a súa superficie, os materiais empregados e, finalmente, un orzamento total.
Volver