Secretaría Uvigo - Mellora da Cadencia de Produción nunha Empresa de Automoción

Mellora da Cadencia de Produción nunha Empresa de Automoción

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús García Arca
Tribunal Vogalía: María Asunción Longo González
Secretaría: Francisco Javier Fernández López
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
ResumoEste Traballo de Fin de Carreira xorde como consecuencia da miña incorporación na empresa Gruope PSA dedicada a fabricación de automóbiles en Vigo. Dito traballo corresponde a necesidade de introducir un novo sistema ou procedemento que evite, na liña de produción do departamento de pintura, un embotamento das carrocerías dentro da propia cadea de subministración.
A empresa presenta unha cadea de produción en liña onde os provedores, a maioría próximos xeograficamente, abastecen diariamente á fábrica. O conxunto do subministrables de pezas, consumibles ou produtos intermedios necesarios para os distintos procesos son destinados ós propios clientes internos varias veces o día; aplicando a metodoloxía JIT, onde é necesario entregar no momento e lugar preciso as cantidades establecidas. Por iso observamos un fluxo industrial tenso no cal calquera parada ou avaría afecta enormemente a cadea de produción.
Este proxecto tratará de realizar un sistema de mellora para obter un rendemento operativo da cadencia mais competitivo dentro da liña de Pintura, para poder incrementar a produción en tempo a través de métodos que non supoñan moito coste e aumenten así a eficiencia do proceso. Se presenta unha solución a un problema concreto dentro da liña que prexudica o fluxo normal de vehículos. O documento termina co resumen dos resultados e coas conclusións do mesmo, sintetizando as dificultades que xurdiron, e tamén as posibles modificacións necesarias no sistema para adaptarse aos posibles cambios na demanda.
Volver