Secretaría Uvigo - Plataforma motorizada optimizada para simulador dinámico de coches

Plataforma motorizada optimizada para simulador dinámico de coches

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Secretaría: Angel Manuel Espada Seoane
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Vogalía: José Luis González Cespón
ResumoOs simuladores de vehículos son un modelo de entretemento moi común, pero mais alá desta faceta, o propósito polo que foron deseñados foi para o adestramento de pilotos profesionais e tamén para conseguir melloras en vehículos (tanto de competición como vehículos utilitarios). Dende o punto de vista tecnolóxico, os simuladores son un interesante campo a explorar co fin de conseguir unha mellora das súas prestacións para que proporcionen sensacións cada vez máis realistas.
O presente traballo céntrase na realización dun modelo a escala dunha plataforma motorizada para a recreación dun simulador de vehículos. Tomando como punto de partida unha plataforma de Gough-Stewart (6 GdL) realizase un modelo optimizado con 3+1 grados de liberdade (GdL). Con estas características é posible reproducir dunha forma adecuada todos os movementos que pode levar a cabo un vehículo terrestre.
No proxecto haberá dúas partes diferenciadas: unha na cal se realiza unha simulación da plataforma, e outra na que se dá forma a unha maqueta física da mesma. Realízase un único deseño 3D que se empregará en ambos modelos, para así poder alcanzar unha maior similitude entre eles. Para o manexo da simulación empregase un joystick (igual aos dos mandos das videoconsolas, ou no seu defecto, os volantes dos simuladores reais), e a plataforma física reproduce simultaneamente os movementos e aceleracións obtidas da simulación.
Volver