Secretaría Uvigo - Deseño, fabricación e programación dun robot móbil para actividades formativas.

Deseño, fabricación e programación dun robot móbil para actividades formativas.

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Fariña Rodríguez
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Jorge Marcos Acevedo
ResumoO presente traballo ten como fin, procurar a obtención dun modelo robótico funcional para a realización de actividades formativas, auxiliares ou complementarias á formación académica que se recibe no grado de Electrónica Industrial e Automática da Escola. Esta idea xurde a partires de comprobar como os robots educativos toman forza na adquisición de coñecementos técnicos para a sociedade actual, e a través de esta, moldéase e adaptase para garantir a obtención dun modelo robótico que permita ofrecer unha formación acorde coas expectativas e niveis de formación esperados. Isto contribúe a que os coñecementos que se van adquirindo ao largo das etapas formativas, poidan ser vistos dunha maneira máis práctica e polo tanto, se garanta unha mellora da calidade da docencia impartida pola escola.
Como punto de partida tómase como modelo un robot dunha competición presentada pola asociación IEEE e que agora certas universidades levan a cabo para favorecer a adquisición de certas competencias por parte dos seus estudantes. O robot baixo deseño é reprogramable e pode chegar a ofrecer un comportamento moi similar aos sistemas comerciais como os robots aspiradores ou os recentes coñecidos robots desinfectantes para combater o SARS-CoV-2.
Como resultado do proxecto, disporase dunha plataforma na cal se poderá modificar, substituír ou reprogramar a unidade de control ao igual que os sensores e dispositivos de accionamento.
Para levar a cabo este proxecto débense realizar as seguintes fases:
 Plantexamento e deseño teórico do sistema desexado.
 Posta en marcha, fabricación e comprobacións do modelo teórico.
 Desenvolvemento dun software e programación do sistema deseñado.
 Elaboración da documentación e presentación dos resultados obtidos.
Mediante estas fases tentarase levar a cabo o deseño dun dispositivo coas mellores características que o tempo permita, sempre mediante a realización dun deseño gradual que permita cerrar unha parte e continuar coa seguinte para que de esta forma sempre se garanta a presentación dunha solución ao problema proposto.
Volver