Secretaría Uvigo - Desenrolo de sistema IoT para a supervisión de calidade de augas mediante Arduino conectado a rede Sigfox.

Desenrolo de sistema IoT para a supervisión de calidade de augas mediante Arduino conectado a rede Sigfox.

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Jorge Marcos Acevedo
ResumoIoT (Internet of Things) é un concepto que describe a rede de obxectos físicos ( things) que levan sensores integrados, software e outras tecnoloxías co fin de conectar e intercambiar datos con outros dispositivos e sistemas a través de Internet. As aplicacións para dispositivos conectados a internet son amplas.
Neste proxecto úsase a rede Sigfox, cuxa rede global de baixa potencia proporcionaranos un baixo custo e consumo de enerxía requirido para conectar os sensores IoT á rede. Amais usa unha modulación de radio de banda ultra estreita, o que permite abarcar longas distancias cunha boa resistencia ao ruído.
Os obxectivos deste traballo consisten en monitorar a información obtida duns sensores de temperatura, condutividade e PH, ademas dun sensor GPS. Tense en conta a posibilidade de que nos lugares de uso deste dispositivo haxa tanto falta de cobertura como doutras redes de comunicación. Priorizarase a autonomía das baterías utilizadas. Estas condicións levan a utilizar da tecnoloxía Sigfox xa mencionada no anterior parágrafo, que asegura a capacidade de transferencia de información, baixo consumo e soluciona os posibles problemas de cobertura.
Xestionarase a transmisión de datos mediante un Arduino MKR FOX 1200, que a través do seu módulo ATA8520 enviaremos os sinais de radio ata a plataforma dixital de Sigfox. Unha vez os datos atópense na plataforma dixital, se redireccionarán ao servizo de almacenamento ThingsPeak, propiedade de MathWorks, onde se tratará a información mediante Matlab.
Volver