Secretaría Uvigo - Análise económico-financeiro do R.C. Deportivo de La Coruña

Análise económico-financeiro do R.C. Deportivo de La Coruña

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Francisco Javier Sánchez Sellero
Tribunal Titoría: Francisco Javier Sánchez Sellero
ResumoO Real Club Deportivo de La Coruña é un dos grandes clubs de España e histórico do fútbol nacional. Tras anos na elite do fútbol logrando campionatos e xestas europeas, actualmente atopase competindo na Segunda División B do fútbol español. Este feito, sumado a unha situación económica feble derivada da drástica redución de ingresos, configura una posición empresarial complicada, en termos dunha sociedade anónima deportiva.
Para poder entender esta situación a través dunha análise económica-financeiro, con datos obtidos grazas á plataforma SABI, observamos como os datos económicos do club varían entre o ano 2015 e o ano 2019.
No referido á análise económica e aplicando una serie de cocientes, obtemos uns resultados que, a pesar de non ser positivos e mostrarnos esa situación negativa que arrastra a empresa, móstrannos unha certa tendencia positiva.
Na análise patrimonial vemos como o activo e o pasivo da empresa van variando durante este período e como o pasivo da empresa móstranos unha débeda anteriormente acumulada polo club, así como a súa redución durante este período.
A análise financeira móstranos como a empresa obtén os seus beneficios a pesar da súa situación económica.
Este club, sendo un histórico do fútbol nacional, ten unha masa social envexable, que sempre empuxa ao seu equipo, así que cos datos obtidos e con todo o que supón o club, abre unha posibilidade para reverter a súa situación e volver a épocas mellores no deportivo e económico.

Palabras Chave: clubs de fútbol, insolvencia, endebedamento, análise económico-financeiro.
Volver