Secretaría Uvigo - Estudo e Deteción de Parásitos nas Especies de Bivalvos de Interese Comercial 'Mytilus galloprovincialis' e 'Ruditapes philippinarum' na Ría de Vigo

Estudo e Deteción de Parásitos nas Especies de Bivalvos de Interese Comercial 'Mytilus galloprovincialis' e 'Ruditapes philippinarum' na Ría de Vigo

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: José Jorge Domínguez Martín
Cotitoría: Beatriz Novoa García
Tribunal Presidencia: Francisco Javier García Cutrín
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoCoñecer as patoloxías que son susceptibles de infectar a especies de interese na acuicultura adquire unha grande importancia para reducir as mortandades debidas a epizootias e así evitar unha pérdida fisiolóxica dos exemplares que pode traducir nun descenso do índice de condición e da calidade do produto.

A través do uso de técnicas histolóxicas e de bioloxía molecular, identificáronse os diferentes patóxenos que afectan o mexillón 'Mytilus galloprovincialis' e á ameixa xaponesa 'Ruditapes philippinarum'. Tamén determinouse o impacto real destas epizootias, as diferentes subespecies presentes e a magnitude das repercusións económicas que se orixinan na economía rexional e nacional.

Estudáronse mostras en catro puntos da Ría de Vigo para o mexillón de rocha e nun punto da Ría de Pontevedra para a ameixa xaponesa, coa finalidade de executar un estudo detallado e ?lato sensu? de áreas con características de salinidade, temperatura e carga orgánica dispares co obxectivo de determinar a prevalencia de endoparásitos mariños.

Os endoparásitos susceptibles de estudo foron; Marteilia refringens (Grizel et al., 1974), Perkinsus olsenii (Lester & Davis, 1981), Mytilicola intestinalis (Steuer, 1902), Nematopsis sp. (Schenider, 1892) e Prosorhynchus crucibulum (Odhner, 1905).

Palabras chave: detectabilidade; prevalencia; histopatoloxía; bioloxía molecular; perkinsosis; reacción en cadea da polimerasa; marteiliosis.
Volver