Secretaría Uvigo - Estandarización dun método para a extracción e determinación de sacarina e acesulfamo-K en auga de mar.

Estandarización dun método para a extracción e determinación de sacarina e acesulfamo-K en auga de mar.

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Óscar Nieto Palmeiro
Tribunal Presidencia: Francisco Javier García Cutrín
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoO incremento no estudo da contaminación ambiental nos últimos anos puxo de manifesto a presenza de novos compostos que, de forma directa ou indirecta, causan algún dano ou alteración no medio. Estes contaminantes emerxentes, que se atopan de forma ubicua en distintas contornas, son produtos maiormente xenobióticos e algúns deles son consumidos diariamente por millóns de persoas, como é o caso dos edulcorantes.

Grazas á análise destas substancias empregando métodos de cromatografía de líquidos (HPLC- UHPLC) con detección por espectometría de masas, púidose avanzar no seu estudo e determinar que estes compostos presentan unhas características idóneas para ser utilizados como trazadores de augas residuais.

Este traballo ten como obxectivo o desenvolvemento dun método de análise que resulte óptimo para a extracción e determinación de sacarina e acesulfamo-K en auga de mar. Para iso, analízanse mostras con distintas concentracións de edulcorantes, pH e salinidade mediante cromatografía líquida de alta eficacia con detección espectrofotométrica con matriz de fotodiodos, e determínase que características son as máis óptimas para obter resultados satisfactorios.
Volver