Secretaría Uvigo - Estudo do tracto dixestivo de Gobio mediante técnicas histolóxicas e histoquímicas básicas para a mucina

Estudo do tracto dixestivo de Gobio mediante técnicas histolóxicas e histoquímicas básicas para a mucina

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Encarnación De Miguel Villegas
Tribunal Vogalía: Emilio Marañón Sainz
Secretaría: Nicolás Otero Martínez
Presidencia: Guillermo Francés Pedraz
ResumoNeste estudo realizouse unha revisión da técnica histolóxica clásica, na que se probaron diferentes variantes na coloración para facer descricións comparativas ao mesmo individuo. Cada colorante proporciona información diferente sobre a mesma rexión porque reacciona de xeito diferente segundo a afinidade que teñan polo tecido, a secreción ...
O desenvolvemento da técnica histoquímica proporciona a información necesaria para poder observar a estrutura interna mediante un microscopio óptico dos individuos e, así, poder realizar o estudo da histoloxía e o funcionamento do sistema dixestivo.
A especie empregada foi o Gobius niger, unha especie de teleósteo que se atopa facilmente nos fondos rochosos ou brandos do río a pouca profundidade. Os exemplares foron cedidos polo ECIMAT (centro de investigación mariña) e capturados por un mergullador no mesmo río de Vigo.
Volver